BVG Atrás Índice de Páxinas |
Aires d'a miña terra |
||
"As duas pragas" |
m5currosenriquezairesdaminhaterra031.html
[p. 145]
AS DUAS PRAGAS
Baixo d' un ceo promizo e bretemoso
Unha negra montana;
Baixo a montana negra unha curtiña
D' álbores decotada;
Pacendo n'a curtiña, media ducia
D' ovellas esfameadas,
E celosas gardando esas ovellas,
Murchas, tristes, d' aldea as catro casas.
?
Dentro de cada casa, unha cociña
Escura y- afumada;
Dentro cada cociña, unha fogueira
Que o vento frio apaga;
Xunto cada fogueira, cavilosa,
Unha testa incrinada;
Dentro de cada testa, un pensamento
De prôusima fuxida, ou de venganza...
[p. 146]
¿Qué acontece n' aldea??Antes de agora
Vina, y- alegre estaba;
N'ela todo era festas e trouleos,
E bailes e fiadas;
N'os campos escoitábanse as degrúas
D'os sachos y- as eixadas,
N'os fogares as frescas armonías
D'as risas e d' os bicos, q' estralaban.
?
¿Qué demos acontece n' esa aldea?...
¿Cál foy d' as sete pragas
A que eiquí descargóu, matando a sua
Xovialidade sana?...
Cravado por tres cravos baixo a copa
D'o cipreste d'a entrada,
Calquera pode leer este letreiro:
«Hay escribano e capellan en Cangas.»
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |